Tenda

Remol

Remol

Tipo de publicación: Libro
Ano: 2020
Páxinas: 116
ISBN: 978-84-945714-5-9

Sinopse/Descrición

Remol é un poemario, escrito entre 1963 e 1968, onde se reflicte “o que sentín e o que vivín, a realidade tráxica do meu país e do meu tempo”, en palabras do propio poeta.

Publicado en Bos Aires, en 1970, no libro conviven en equilibrada harmonía poemas biográficos, homenaxes, reivindicacións, berros irados… e poemas en que Manuel María transforma  a poesía e a palabra poética en materia de canto. 

Remol mantén hoxe a súa vixencia, e continúa a falarnos e a interpelarnos cando se cumpren 50 anos da súa primeira edición.

Escolma

Están comigo...


Están comigo neste intre silandeiro
os mortos da miña caste, da miña terra,
cumprindo en min o seu futuro.
E sinto latexar con forza inmensa
os seus soños e medos.
                                     As verbas
que pronuncian os meus beizos
son as mesmas que un día
dixeron os seus beizos cara á luz.
Os mortos da miña caste van comigo.
E eu irei con eles cara a un futuro
que non teño aínda merecido.

Podes encontrar este produto nos seguintes paquetes