Casa-Museo > Visitas

VISITA VIRTUAL Á CASA-MUSEO:

https://www.youtube.com/watch?v=uYh6AwFuSKI

Horarios:

A Casa-Museo Manuel María é visitábel polo público todos os sábados e domingos do ano (agás os dous últimos de decembro e os da primeira fin de semana de xaneiro).

Os centros educativos, entidades...poden visitala calquera outro día da semana, concertando previamente. 

Público en xeral:

Sábados e festivos: de 11 a 14 e de 16.30 a 19.30 horas. (Os meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro de 11 a 14 e de 16.30 a 19.30 hrs).         

Domingos: de 11 a 14 horas (Os meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro de 11 a 14 e de 16.30 a 19.30 hrs).

Visitas escolares e de grupo:

Pódese concertar telefonicamente para calquera día. 

Prezos:

As visitas organizadas desde os centros de ensino non universitario son gratuítas.

  • Público adulto:
    • 2.50 €/persoa entrada xeral;
    • 2.00 €/persoa para grupos de persoas adultas de 3-25 persoas;
    • 1.80 €/persoa para grupos de máis de 25 persoas adultas.
  • Entrada gratuíta para persoas menores de 12 anos e para amigas/os da Casa-Museo.

Todas as visitas á Casa-Museo son guiadas e pódense complementar con diferentes recursos na propia Casa (audiovisuais, música, TICs) ou coa visita a diferentes espazos da contorna vinculados a Manuel María e á súa obra.

Ofrecemos asesoramento sobre como programar un roteiro completo por diferentes espazos da contorna a partir da Casa-Museo, sempre vinculados co escritor e coa súa obra.

Teléfono de contacto: 698 177 621
Correo-e: contacto@casamuseomanuelmaria.gal

Como chegar?

A Casa-Museo está situada no corazón da vila de Outeiro de Rei (Rúa F, nº 2), por tras da Casa do Concello.

Para chegar:

  1. N-VI, km 513. Ao chegar o cruzamento no núcleo urbano de Outeiro (xunto á residencia de maiores) tomar a dirección que indica Campo da Santa Isabel.
  2. Vindo pola autovía A-6, saída 507 (dirección Outeiro de Rei).
  3. En transporte público (empresa Arriva): parada de Outeiro de Rei (ao pé da N-VI).