Tenda

Os soños na gaiola (facsímil 1ª edición)

Os soños na gaiola (facsímil 1ª edición)

Tipo de publicación: Libro

Sinopse/Descrición

Edición facsimilar da primeira edición d’Os soños na gaiola de Manuel María. Unha edición, esta, que conmemora os 50 anos da publicación desta obra inaugural da poesía infantil en galego, editada en Lugo por Cartonajes ANMI en decembro de 1968.
 
A reprodución facsimilar está feita sobre un exemplar do libro pertencente á biblioteca de Manuel María, sobre o que el fixera múltiplas correccións autógrafas e que o pintor coruñés Reimundo Patiño ilustrou profusamente.
 
O facsímil vén acompañado dun caderno (“Unha Galicia que vai no sentimento”: Claves para unha nova lectura d’Os soños na gaiola”) en que a profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Montse Pena Presas, realiza un estudo introdutorio.