Tenda

Apañasoños

Apañasoños

Descrición

Un desafío de atención e rapidez. Xogo para completar estrofas inacabadas de poemas d'Os soños na gaiola de Manuel María e conseguir o maior número de cartas de versos.

De 2 a 5 xogadoras, máis unha persoa que faga de árbitro do xogo.
A partir de 9 anos
Contido: 47 cartas de versos numeradas, 5 cartas de penalización (cun debuxo dunha gaiola) e un caderno con estrofas para o árbitro que corresponden a poemas do libro Os soños na gaiola de Manuel María.