Manuel María > Obra

elexias_a_minha_vida.jpg

Elexías á miña vida pequeniña

Primeira edición

  • Ano:  2004
  • Lugar:  Vilalba
  • Editorial:  Instituto de Estudios Chairegos
  • Número de páxinas:  92
  • ISBN: 

Outros datos da obra

1ª ed., Instituto de Estudios Chairegos, Col. Biblioteca Chairega, nº 1, Vilalba, 2004, limiar de Manuel María, estudo introdutorio de Antón Xosé Meilán García. 

Reseña

Elexías á miña vida pequeniña, libro de poemas escrito por Manuel María en 1950 e dedicado a Álvaro Cunqueiro, apareceu entre os papeis que deixou ao seu pasamento o autor mindoniense. Os desacougos da mocidade angustiada, desnortada e inconformista impregna o poemario.

Escolma

Elexía nº 7

Todo morre
nunha parvicie indescritíbel
chea de escumas azuis como olleiras feridas.
Silencio de terra fuxitiva
sen música de corazóns
nin vacíos de anguria amontoada
nun pranto insaciábel
de berros sen saida.
...