Noticias

Ribadeo acolle até o día 9 de outubro a exposición "Manuel María, a palabra viva"

fotosmanuelmaria_00033.jpg

29/09/2016

A sala da OMIC é o espazo onde se encontra esta exposición que ten como obxectivo achegar e coñecer a personalidade e a obra literaria do poeta chairego.
 


Composta de 25 paneis, cada un deles con imaxes, textos do propio autor e unha breve introdución, tenta achegar ás persoas que a visualicen aspectos da biografía de Manuel María, información sobre a súa obra e as temáticas da mesma, así como recoñecementos e homenaxes que recibiu