Noticias

"Manuel María, a palabra viva" en Foz

dscn7441.jpg

Até o 31 de outubro a Casa da Cultura "Manuel María" de Foz acolle esta exposición

Composta de 25 paneis, cada un deles con imaxes, textos do propio autor e unha breve introdución, tenta achegar ás persoas que a visualicen aspectos da biografía de Manuel María, información sobre a súa obra e as temáticas da mesma, así como recoñecementos e homenaxes que recibiu.

A exposición foi exposta este ano en concellos como Cerceda, Rianxo, Ponteceso, O Carballiño, Barbadás, Poio, Sarria, Ribadeo, Oleiros e Carral, e colexios de distintos lugares do país.