Noticias

"A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna" representarase, este sábado, día 8 de outubro, ás 17 hrs, en distintos espazos de Outeiro de Rei

convite.jpg

03/10/2016

Co motivo do aniversario do nacemento de Manuel María a compañía profesional Lucecús Teatro levará a cabo esta peza teatral baseada en textos do escritor chairego.

O xoves, 6 de outubro, faranse 87 anos do nacemento de Manuel María e a Casa-Museo Manuel María quere que o aniversario do escritor non pase desapercibido, así que ofrece a toda persoa que se queira achegar  á Casa-Museo o sábado 8 de outubro, ás 17 horas, unha fermosa iniciativa a xeito de agasallo.

O presente consistirá nunha representación teatral baseada en textos de Manuel María a cargo da compañía de teatro profesional Lucecús Teatro e que leva por título  "A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna". Esta peza desenvolverase, ao ar libre, en distintos espazos e recunchos de Outeiro de Rei.