Noticias

A. C. Alexandre Bóveda da Coruña acolle unha nova presentación de Ritual para unha tribo capital de concello

presentacion2alexandre.jpg

02/06/2017

Será este mércores, día 7, ás 20 horas, e no acto participarán Felipe Senén, ilustrador do libro, e o profesor da UdC, Manuel Ferreiro

A. C. Alexandre Bóveda acolle este mércores a presentación da reedición de Ritual para unha tribo capital de concello, de Manuel María, na cidade herculina. Esta levarase a cabo ás 20 hrs no local da agrupación, rúa Olmos, 12.

O libro será presentado por Felipe Senén, autor das ilustracións do poemario, e o catedrático da UdC, Manuel Ferreiro. Ao final do acto, haberá un lectura e recitado de poemas deste libro realizado polo público asistente que queira.