Fundación Manuel María de Estudos Galegos
21/03/2016 - Casa-Museo Manuel María, Outeiro de Rei
A Casa-Museo pendurou xa o cartaz de "completo" para as visitas escolares en horario de mañá durante todos os días de aquí ao vindeiro 22 de xuño, data na que finaliza o calendario lectivo deste curso 2015/16. Aos centros de ensino que seguen solicitando vir coñecer a casa natal de Manuel María suxíreselles viren en horario de tarde, onde aínda hai posibilidades.