Actividades

Paco Nogueiras este sábado na Casa-Museo Manuel María

Paco Nogueiras este sábado na Casa-Museo Manuel María

Vén presentar o seu cuarto traballo "Son animal"

Este sábado, día 25 de maio, ás 17 horas, volta, pola Casa-Museo Manuel María, Paco Nogueiras. E faino para nos presentar o seu último traballo, o cuarto, que leva por título "Son animal". Un libro-dc editado por Kalandraka e con ilustracións de Marc Teager.

Doce cancións que teñen como protagonistas a animais domésticos como o can, o gato, a vaca, a galiña, o porco, o burro... e outros silvestres como a ra ou o grilo. 

Para asistir ao concerto é necesario reservar (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. O concerto vai dirixido para nenas e nenos entre os 3 e os 9 anos.