Actividades

O Clube de Lectura da Casa-Museo Manuel María retoma a súa actividade con "Todo canto fomos", de Xosé Monteagudo, e "O hisbisco púrpura" de Chimamanda Nogzi

O Clube de Lectura da Casa-Museo Manuel María retoma a súa actividade con

15/09/2020

Proximamente comezará a actividade do Clube de Lectura Xuvenil

O Clube de Lectura da Casa-Museo Manuel María retoma este sábado a súa actividade, seguindo as indicacións correspondentes coa situación sanitaria actual, co comentario das obras propostas para o verán, Todo canto fomos, do morañés Xosé Monteagudo e O hibisco púrpura, da nixeriana Chimamanda Nogzi.
O Clube de Lectura comezou a súa andaina en abril de 2018, conformado por 15 persoas adultas, mantén todos os meses, excepto durante o pasado confinamento, unha sesión presencial na biblioteca da Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei. 
A Casa-Museo Manuel María anuncia que proximamente comezará un novo Clube de Lectura, neste caso dirixido para o público xuvenil