Fundación Manuel María de Estudos Galegos
08/05/2021
A sesión iniciouse cunha dinámica sobre a obra de Xela Arias
O bo tempo permitiu que a xuntanza de hoxe da rapazada do Clube de Lectura xuvenil fose na horta da Casa Museo.
Aquí vos deixamos un par de imaxes desta xornada, que achegou a Vigo ás participantes. E non foi só pola ambientación de Fóra do normal, o libro de María Reimóndez do que se falou; tamén houbo unha pequena dinámica inicial a partir da obra de Xela Arias. Eis tedes o resultado da nosa aperta poética de Denuncia do equilibrio.
Boas letras, amig@s! Apertas de libro