Actividades

Antía Muíño, en concerto, na Casa-Museo Manuel María

Antía Muíño, en concerto, na Casa-Museo Manuel María

Será o sábado, 6 de abril, ás 20 horas

O próximo 6 de abril, sábado, ás 20 horas, Antía Muíño, unha das novas voces da música galega, estará en concerto na Casa-Museo Manuel María.
O seu rexistro móvese entre o jazz-pop, a canción alternativa de autora e a música tradicional e o seu talento levouna a colaborar con artistas da talla de Xabier Díaz, Baiuca... Neste ano publicou o novo sinxelo “O Paxaro” e xa está a traballar en novos temas, que acompañarán nos directos ao seu aplaudido “Carta Aberta”, o seu álbum debut que ten case 2 millóns de reproducións.
Antía Muíño, que estará soa no cenario, acompañará a súa voz coa súa guitarra clásica e coa pandeireta, intercalando a intimidade e o virtuosismo das súas autorías coa potencia da percusión e o canto tradicional.
Para asistir ao concerto (billete 5 euros) é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621