Noticias

"Tenrura", de Manuel Pacheco, foi a canción lírica gañadora da cuarta edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais que se celebrou este pasado sábado

A composición gañadora será editada xunto ás outras pezas finalistas nunha publicación que será distribuída gratuitamente por todos os conservatorios de Galiza

  (+)  Máis información

"Tenrura", de Manuel Pacheco

Autoría:  Manuel Pacheco Sánchez

Duración:  3:52


Intérprete/s:  Ricardo García (piano) e Gabriel Alonso (barítono).

 

Composición gañadora da cuarta edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais celebrado o 4 de outubro de 2025 na Casa-Museo Manuel María.
É unha canción sobre o poema homónimo de Manuel María, publicado no libro "A luz resucitada" (1984).
 
Tenrura 
 
Pouco importa que a ave da esperanza
ou a chispa amarela do desexo
crucen por nós como un salouco
para converterse en néboa
ou sombra esvaída na lembranza.
O que de verdade importa,
amada e irrenunciábel compañeira,
é a chama delicada da tenrura
con que acendemos o lume
en que queimamos a monótona
tristeza dos días e onde arde,
serena e mansamente, a árbore
fiel e rumorosa da nosa propia vida.


Descargar .mp4