Un libro de fotografía de Manuel Lemos con versos de Manuel María
Con limiar de Pilar Pallarés e Alberte Ansede, a Casa-Museo Manuel María vén de editar estes días o libro de fotografía de Manuel Lemos, con versos de Manuel María, "A luz resucitada. Un achegamento imaxinario ao poeta Manuel María".
Alberte Ansede, presidente da Fundación Manuel María sinala que "Manuel Lemos nos ofrece unha viaxe man con man co poeta, na cal se vai producindo un diálogo entre a palabra poética dun e a lírica da imaxe do outro, para construír un poema inédito que nos convida a percorrermos novos camiños, e facérmolo con eles os dous, para visitarmos as paisaxes por nós máis amadas".
Unha novidade que vimos de incorporar á nosa tenda virtual (https://www.casamuseomanuelmaria.gal/tenda/principal.htm) e que fai parte dun proxecto realizado en colaboración coa Deputación da Coruña, que poderemos desfrutar no próximo ano en distintas localidades.