Unha peza de monicreques, para público familiar, protagonizada polo Mariscal Pardo de Cela e Isabel de Castro
O actor e manipulador mindoniense, Ton Arenas (Mircromina Títeres), leva ao cenario, para todos os públicos, a traxicomedia "Pasmo de pedra", peza cuxos protagonistas son os personaxes históricos Pardo de Cela e Isabel de Castro.
A sinopse é a seguinte: Decorre o ano 1543 cando Isabel de Castro e Pardo de Cela, casados e residentes no castelo da Frouxeira, desfrutan dunha vida relaxada, chea de privilexios e distraccións. Mentres, na outra punta da comarca, o bispo de Mondoñedo leva tempo reclamando os seus dereitos, bens e propiedades. Canso de ser enganado pola parella, contrata o mercenario Mudarra para que lle faga o traballo suxo. A pregunta é, perderá Pardo de Cela a cabeza?
Para asistir á representación, programada para as 17 horas na Casa-Museo Manuel María, é necesario reservar (billete: 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.