Leva por título "Pequenos incendios"
Minguante, o dúo conformado por Miguel Alonso e Óscar Martínez, estará este sábado, 7 de novembro, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María para presentar en concerto o seu novo traballo musical Pequenos Incendios.
Un disco este, que se suma ao editado en 2022, A incrible historia dos homes minguantes, e en que falan de cousas cotiás “ás que parecemos non dar importancia mais que posteriormente son vitais”. O traballo, composto, producido e interpretado por eles dous, contén oito temas e hai algunha colaboración como a de Caxade na canción Rapaz.
Minguante defínese musicalmente como pop de autor, resultado da combinación dunha traxectoria máis vinculada á canción de autor e á música de raíz americana de Miguel Alonso e a maior influencia do indie de Óscar Martínez.
Para asistir ao concerto (billete 5 euros) cómpre reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.