Tenda

A esencia máis nosa

A esencia máis nosa

Tipo de publicación: Libro
Ano: 2015
Páxinas: 100
ISBN: 978-84-942893-9-2

Sinopse/Descrición

Escolla dos poemas máis representativos que Manuel María dedicou á exaltación e defensa da lingua galega, válida para todos os públicos. Contén algúns dos versos máis fermosos e das composicións máis comprometidas e interesantes que se escribiron sobre un idioma historicamente maltratado que constitúe a esencia e o patrimonio máis importante do pobo galego.

Vai precedida dunha introdución do profesor da Universidade da Coruña, Xosé Ramón Freixeiro Mato, que pretende situar os poemas dentro das coordenadas históricas, políticas e sociolingüísticas en que foron compostos e socializados.

Ilustración da capa: Julián Díaz