Tenda

Ritual para unha tribo capital de concello

Ritual para unha tribo capital de concello

Tipo de publicación: Libro
Ano: 2016
Páxinas: 118
ISBN: 978-84-945714--4

Sinopse/Descrición

Ritual para unha tribo capital de concello é un canto lírico-etnográfico da tribo natal de Manuel María. A intimidade, as lembranzas, a historia persoal e colectiva, as vivencias, as identificacións coa natureza, os retratos de familia, a denuncia social, as romarías, as lendas, os ritos, os traballos... fanse presentes neste espazo vital dunhas xentes e dun pobo que ama, que sente seu e que ergue poeticamente desde a lembranza da súa infancia para ir avanzando no tempo até o presente-futuro do seu non ser físico.

Escolma

Non podo, Outeiro, tribo de meu,
luz e morte miñas, imaxinarte
sen Saleta. Ela chegou a ti,
olloute. E abriuse ao teu amor.
Ti décheslle o teu asombro puro,
o teu nu latexo emocionado,
a voz comunal das túas campás,
o murmurio litúrxico do Miño
e a prodixiosa canción do merlo
máis xentil e fermoso, que vive
nas altas soidades do Cepelo.
E os tres –Saleta, a tribo e eu–
somos, xa para sempre endexamais,
a terra pura, carnal e apaixonada.