Tenda

Señardade da luz (A obra poética de Manuel María)

Señardade da luz (A obra poética de Manuel María)

Tipo de publicación: Libro
Ano: 2011
Páxinas: 187
ISBN: 978-84-614-6748-8

Sinopse/Descrición

Ensaio de MIGUEL MATO sobre a obra poética de Manuel María. O autor, facendo unha análise das obras máis representativas do poeta, traza unha serie de liñas temáticas que se reflicten en cada etapa da súa vida. Os capítulos nos que se estrutura o estudo dan boa conta desta formulación:

O mundo poético de Manuel María
Clasificación temática da súa obra
As paisaxes iluminadas
A poesía da angustia
Poesía social e de tránsito
A poesía amorosa
Memorias, regresos e incertezas: unha visión pesimista do mundo
Un magnificat vital e humanista: A primavera de Venus