Tenda

Advento

Advento

Tipo de publicación: Libro
Ano: 2015
Páxinas: 69
ISBN: 978-84-942893-2-3

Sinopse/Descrición

Advento foi publicado en Bos Aires no ano 1954, despois de gañar o Premio Castelao do Centro Galego da mesma cidade dous anos antes. É, quizais, a obra máis importante da etapa existencialista de Manuel María. Está formada por poemas longos de versos libres arredor da morte como actitude existencial e dentro desta perspectiva tórnase a obra máis transcendente da altura, xunto con Fabulario novo de Cuña Novás.

Ademais do poemario, a publicación incorpora algunhas valoracións críticas aparecidas na prensa da época, ou feitas máis recentemente en publicacións de critica literaria. Incorpórase, asi mesmo, unha valoración do propio Manuel María recollida dunha entrevista do momento en que se publicou a primeira edición.

Escolma

ANCEIO

Quixera poder escribir un poema sinxelo,
emocionado, puro e branco.

Un poema perfecto, ausente de ritmo,
case sen palabras.

Un poema leve e fino que conteña todas
as dimensiós imprecisas do meu ser.

Se puidese escribir un gran poema
-espírito, carne, lume-  que pechase
as miñas tristezas, as propias mágoas!

Sei que nunca endexamais eu lograrei
un poema puro, puro, total e misterioso.

Se fose capaz de despir o meu espírito
nun máxico poema
feito só de amor, de luz e de nostalxia!