Tenda

O poeta Manuel María vai ver as follas do outono

O poeta Manuel María vai ver as follas do outono

Tipo de publicación: Libro
Ano: 2023
Páxinas: 20
ISBN: 978-84-123102-8-3

Sinopse/Descrición

Terceiro número da colección para primeiras lectoras e lectores "O poeta Manuel María".
Neste volume, O poeta Manuel María vai ver as follas do outono, Manuel María vai ver, con Saleta, como caen as follas da carballeira. 
A colección, de capa dura e cunhas dimensións de 20X20, está elaborada polo humorista gráfico, debuxante e guionista de banda deseñada, Pepe Carreiro e polo tamén debuxante e ilustrador, Abraham Carreiro, e é un achegamento ás persoas máis novas da figura de Manuel María e as temáticas e valores que o mobilizaron na súa vida. Textos de historias graciosas, salpicadas polo medio de léxico do propio Manuel María e acompañados de bonitas ilustracións.