Publicacións

 
capa-val-quiroga.jpg

Sonetos ao Val de Quiroga

Datos da edición

  • Ano:  2015
  • Lugar:  A Coruña
  • Editorial:  Fundación Manuel María de Estudos Galegos
  • ISBN:  978-84-944417-3-8
  • Páxinas:  75
  • Prezo:   €

Reseña

Sonetos ao Val de Quiroga viu a luz por primeira vez no ano 1988, da man do Concello de Quiroga e con ilustracións de Xosé Teixelo. Os trinta sonetos que integran o poemario son un canto á beleza e á singularidade do Val de Quiroga: os ríos, vilas, serras, tabernas, festas..., e tamén aos antepasados do propio poeta, particularmente a súa avoa Consuelo, A Quiroguesa. Hoxe, moitos anos despois e coincidindo coa dedicatoria das Letras Galegas a Manuel María, sae esta nova edición, coa colaboración dos concellos de Quiroga e Ribas de Sil e coas ilustracións do alumnado dos colexios de Quiroga e San Clodio, produto do traballo nas aulas co seu profesorado.