Publicacións

 
laio-tenda.jpg

Laio e clamor pola Bretaña

Datos da edición

  • Ano:  2016
  • Lugar:  A Coruña
  • Editorial:  Fundación Manuel María de Estudos Galegos
  • ISBN:  978-84-944417-6-9
  • Páxinas:  29
  • Prezo:  6 €

Reseña

Laio e clamor pola Bretaña é un apaixonado, emotivo e rexo alegato a prol dos dereitos dos pobos sen Estado a decidiren por si mesmos. Manuel María, tras unha viaxe pola Bretaña en 1972, escribe este poema significativo e senlleiro en que denuncia a situación da nación bretoa (emigración, represión centralista, lingua perseguida, subdesenvolvemento, explotación, abandono e colonización), identifícase como galego nela e canta a súa redención.

Esta reedición, a quinta, con capa de Julián Díaz e prefacio de Francisco Rodríguez, dá a posibilidade, a través dun código, de descargar un audio con todo o poema Laio e clamor pola Bretaña na voz de Manuel María.