Manuel María > Obra

os-lonxes-do-solpor.jpg

Os lonxes do solpor

Primeira edición

  • Ano:  2012
  • Lugar:  A Coruña
  • Editorial:  Fundación Manuel María de Estudos Galegos
  • Número de páxinas:  51
  • ISBN:  978-84-616-0325-1

Reseña

Os lonxes do solpor está formado por trinta e tres composicións que o poeta escribiu fundamentalmente nos finais da década dos oitenta do século pasado. Dividido en tres partes de once poemas cada unha, neles transparecen, con intensidade lírica, motivos como o tremor puro da palabra, a comuñón coa terra amada ou a saudade polo tempo pasado e a crítica á dura e deshumanizada realidade do tempo presente.
En conxunto, constitúen un poemario de grande calidade literaria que nos mostra unha voz poética singular na súa plena madurez artística.

Escolma

Seica fomos aniquilando os mitos,
contaminando o mundo,
esborrallando os soños,
dispersando a tribo,
uniformando todo,
perfeccionando o ego,
practicando a soberbia,
masificando a vida,
empobrecendo a fantasía,
alongando a dor inutilmente,
violando a íntima e sagrada
autenticidade
da nosa propia morte
e procurando, como tolos,
outros mundos no espazo
pois esta terra que nos deron
xa vai resultando inhabitábel.