Noticias

Máis un ano, cadrando co aniversario do pasamento de Manuel María, Xermolos e Irmandade Manuel María levan a cabo "Memoria da Chaira enteira"

20210902_220011.jpg

As navallas Manuel María entregaranse na cuarta feira (mércores) a Xosé Lois García e á familia de Xela Arias no Campo de Santa Isabel

Cada 8 de setembro, cabodano de Manuel María, ten lugar en Outeiro de Rei Outeiro de Rei, un emotivo acto de lembranza a Manuel María, organizado pola Irmandade Manuel María e Asociación Cultural Xermolos.

O programa para esta cuarta feira (mércores) será:

14.30 Xantar no Restaurante Río Ladra.
17:00 Recital de poesía en Penas de Rodas
18:00 Prego na campa de Manuel María, no cemiterio parroquial de Outeiro de Rei
19:00 Na carballeira de Santa Isabel farase entrega da “Navalla Manuel María” a Xosé Lois García e á familia de Xela Arias no Campo de Santa Isabel, en Outeiro de Rei

Quen queira apuntarse ao xantar de confraternidade, pode facelo chamando ao teléfono 646-413-890