Noticias

“Fisterra”, da autoría de Saúl Aguado de Aza, composta sobre o poema homónimo de Manuel María, foi a canción gañadora da primeira edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais

Será editada, xunto ás outras obras finalistas, nunha publicación que será distribuída gratuitamente por todos os conservatorios de música de Galiza.

  (+)  Máis información

"Rosas", de Teresa Bretal Martínez

Duración:  2:52


Data:  08/10/2022

Composición de Teresa Bretal Martínez sobre o poema homónimo de Manuel María editado no poemario "A luz resucitada" (1984).
Canción finalista da primeira edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais. 
Interpretación: Aurelio Viribay (piano) e Gabriel Alonso (voz)
 
SEMPRE a rosa. Sempre:
a forma,
a cor,
o recendo,
a luz,
a perfección da rosa.
Prefiro a rosa vermella.
E amo a rosa branca
porque, cando lle digo,
simplemente, ROSA,
entorna os ollos,
treme
e ruborece.


Descargar .mp4