Noticias

“Fisterra”, da autoría de Saúl Aguado de Aza, composta sobre o poema homónimo de Manuel María, foi a canción gañadora da primeira edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais

Será editada, xunto ás outras obras finalistas, nunha publicación que será distribuída gratuitamente por todos os conservatorios de música de Galiza.

  (+)  Máis información

"A lúa", de Saúl Aguado de Aza

Duración:  3:19


Data:  08/10/2022

Composición finalista da primeira edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais. 
É unha canción sobre o poema homónimo de Manuel María, publicado no libro "A luz resucitada" (1984).
Interpretación: Aurelio Viribay (piano) e Gabriel Alonso (voz)
 
Lúa, luída, luxada e violada
- non posuída - polo home.
Lúa núa, pura, inocente,
óllote presidindo a noite,
perto e lonxe de nós, amiga
dos cás, dos vagamundos,
dos tolos e os poetas.
Ouh lúa, irmá dos tristes,
melancólica roda do Destino!


Descargar .mp4