Noticias

“Fisterra”, da autoría de Saúl Aguado de Aza, composta sobre o poema homónimo de Manuel María, foi a canción gañadora da primeira edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais

Será editada, xunto ás outras obras finalistas, nunha publicación que será distribuída gratuitamente por todos os conservatorios de música de Galiza.

  (+)  Máis información

"Orballo", de Teoi Montero Rey

Duración:  2:54


Data:  08/10/2022

Composición finalista da primeira edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais. 
Canción sobre o poema homónimo de Manuel María, editado no poemario "Terra Chá" (1954).
Interpretación: Aurelio Viribay (piano) e Gabriel Alonso (voz)
 
Serán bágoas da noite
cando tivo que morrer,
as pingotas do orballo
tremelucindo ao mencer?
 
Ou son bágoas de ledicia,
as primeiras da mañán,
estas pingas de rosada
que sobre as cousas están?


Descargar .mp4