Noticias

Carla López e Carla Díaz con "Cantar de emigración" e Noa Fernández con "Cheguei a Fisterra" son as gañadoras da primeira edición do Concurso de videopoemas organizado pola Casa-Museo Manuel María

Gloria Guindos Bretones obtivo unha mención honorífica polo seu traballo "Negra Sombra"

  (+)  Máis información

Vídeos gañadores do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María

Duración:  5:32


O xurado, do primeiro Concurso de Videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, elixiu por unanimidade como videopoemas gañadores "Cantar de emigración" de Carla López e Carla Díaz, do IES Pinguela de Monforte de Lemos, e "Cheguei a Fisterra" de Noa Fernández, do IES David Buján de Sigrás-Cambre. Tamén outorgou unha mención honorífica para o videopoema de Gloria Guindos Bretones, do IES David Buján de Sigrás-Cambre, que leva por título "Negra Sombra".


Descargar .avi Descargar .mp4