Noticias

Setenta traballos veñen de se presentar para a primeira edición do Concurso de Videopoemas

vlcsnap-2017-05-01-15h14m17s160.png

01/05/2017

Os vídeos, elaborados por mozas e mozos de ensino non universitario a partir de terceiro da ESO, son sobre composicións poéticas de Manuel María e Rosalía de Castro

Setenta son os traballos que se veñen de presentar, unha vez rematado o prazo o pasado 7 de abril, á primeira edición do Concurso de Videopoemas sobre composicións poéticas de Manuel María e Rosalía de Castro.

O certame, que ten como finalidade a potenciación da creatividade artística, a través da conxunción da palabra, o son e a imaxe, e o coñecemento e difusión da obra destes vultos da literatura galega, pasa agora a unha segunda fase en que o xurado do concurso fará a selección dos vídeos finalistas que serán visionados nunha xornada pública o vindeiro 20 de maio. Este mesmo día, o xurado emitirá ditame dos dous mellores videopoemas do certame.