Noticias

Sara Martínez Quidimil do CPI de Xanceda, Noelia Fernández Romero do IES Félix Muriel de Rianxo e Lara López Vázquez e Carla Sánchez Lamas, ambas do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo, foron as gañadoras do concurso "Rosalía sempre viva"

7.jpg

Iago Gayoso López, do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo, Manuel Pedreira Syeiro, do CEIP Anexo-A Lomba de Vilagarcía de Arousa, Sara López Ramudo, do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba e Mauro Docampo Gacio, do IES Martaguisela do Barco de Valdeorras, recibiron unha mención honorífica. 

 

A Casa-Museo Manuel María levou a cabo esta fin de semana a sexta edición do concurso escolar de recitado poético Rosalía sempre viva.
 
O certame desenvolveuse en dúas sesións, de mañá e de tarde, na xornada do sábado, e contou cunha importante participación, con números superiores a pasadas edicións celebradas antes da pandemia da COVID. O alumnado de distintas localidade do país, de entre os 6 e os 18 anos, realizou un excelente concurso cun nivel altísimo que puxo moi complicado o veredito do xurado.
 
Os premiados segundo as categorías foron:
-1ª categoría (1º, 2º e 3º de primaria): Lara López Vázquez, CEIP Menéndez Pelayo de Lugo, polo recitado do poema “O carro” de Manuel María.
-2ª categoría (4º, 5º e 6º de primaria): Carla Sánchez Lamas do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo, polo recitado do poema “A fala” de Manuel María.
-3ª categoría (Educación Secundaria): Sara Martínez Quindimil do CPI de Xanceda (Mesía), polo recitado do poema “Castellanos de Castilla” de Rosalía de Castro
-4ª categoría (Bacharelato e Ciclos Formativos): Noelia Fernández Romero do IES Félix Muriel de Rianxo, polo recitado do poema “Silencio” de Rosalía de Castro.
 
Tamén recibiron unha mención honorífica Iago Gayoso López, na categoría 1ª, do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo, polo recitado do poema “Rosas” de Manuel María; na categoría 2ª, Manuel Pedreira Syeiro, do CEIP Anexo-A Lomba de Vilagarcía de Arousa, por “Canto ao idioma galego” de Manuel María; na categoría 3ª, Sara López Ramudo, do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba polo recitado do poema “Campana de Bastabales”; e na 4ª categoría, Mauro Docampo Gacio, do IES Martaguisela do Barco de Valdeorras, polo poema “O cedro da horta da Casa de Hortas”, de Manuel María.
 
A Casa-Museo Manuel María agradeceu a todos os presentes, alumnado finalista, familias e profesorado acompañante e público en xeral, a súa total colaboración para que a xornada de convivio decorrese con suceso.