Noticias

Roteiro pola contorna de Caldaloba

roteiro-tarxeta-caldaloba-21(m).jpg

Camiñada reivindicativa polas parroquias de PIno (Cospeito) e Xoibán (Vilalba) o sábado 11 de setembro

Sábado, 11 de setembro.
Roteiro circular de dificultade baixa
Saída: 11 hrs desde a entrada ao camiño da Torre de Caldaloba
Chegada a Caldaloba: 13.30 hrs 
Xantar diante da torre: 14 hrs (cada persoa trae a súa propia comida. Todas as persoas, que non poidan ou queiran facer o roteiro, están convidadas a participaren no xantar e na sobremesa festiva)
Foliada (quen teña instrumentos musicais que os traia para facermos entre todas as persoas asistentes unha sobremesa festiva e musical)
 
Inscrición aberta e gratuíta en recuperarcaldaloba@gmail.com
 
As entidades, que promoven esta actividade reivindicativa para seguir manifestando a situación de abandono e desleixo do castelo de Vilaxoán ou Caldaloba, e reivindicaren que dito patrimonio pase a ser propiedade pública e se leve a cabo a súa recuperación e posta en valor, son
Castiñeiro Milenario (Begonte)
Xotramu (Muimenta)
Asociación Cultural Xermolos (Guitiriz)
Fundación Manuel María de Estudos Galegos 
Instituto de Estudios Chairegos (IESCHA) (Vilalba)
Asociación de Amigos do Castro de Viladonga
Clube Cultural Valle-Inclán (Lugo)
Centro Social Madia Leva (Lugo)
A. C. Cultura do País (Lugo)
Asociación veciñal de Cabreiros (Xermade)
A. C. Os Vilares. Lareira de Soños (Os Vilares, Guitiriz)
Irmandade Manuel María da Terra Chá
Nova Poesía Guitirica (Guitiriz)
A. C. Poeta Avelino Díaz (Meira)
A. C. Lugo Patrimonio (Lugo)
Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde
A.C. PolKA (Pol)
A.C. e C.S. A Chave das Noces (Montecubeiro-Castroverde)
A.C. Chimchiribote (Pol)
A.C. M de Meira (Meira)
Carballo Vivo (Friol)