Noticias

Presentada en Bos Aires a exposición ¡Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!

dscn8827_001.jpg

O día 20 de novembro foi presentada na Federación de Sociedades Galegas de Bos Aires a exposición ¡Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!.

O día 20 de novembro foi presentada na Federación de Sociedades Galegas de Bos Aires a exposición ¡Rosalía sempre viva. Viva Rosalía! que promove a Fundación Manuel María de Estudos Galegos para celebrar o 125 cabodano da morte da nosa escritora. Alí acudiu o Comisario da exposición, Diego Pardo Amado, quen fixo un percorrido polo contido dos 20 paneis da exposición diante dun público atento e entregado. A continuación da presentación de Diego abriuse un entusiasmado coloquio no que participaron moitos dos asistentes.