Fundación Manuel María de Estudos Galegos
06/03/2016 - Casa-Museo Manuel María, Outeiro de Rei
Poemas de Manuel María musicados desta volta por Fran Amil e a tribo incomprensíbel nun libro CD editado pola Mesa pola Normalización Lingüística e ilustrado polo artista Jano
Será ás 12 da mañá do sábado 12 de marzo con entrada libre até completar o aforo do auditorio
A Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei acollerá o vindeiro sábado 12 de marzo ás 12 da mañá a que será a primeira presentación pública do libro-CD A voz do vento, un novo traballo musical construído sobre os versos do escritor ao que este ano se dedican as Letras Galegas e as músicas de Fran Amil e o conxunto A tribo incomprensíbel. O libro-CD está editado pola Mesa pola Normalización Lingüística e conta con ilustracións de Jano.
O acto incluirá unha pequena actuación musical a xeito de adianto deste novo disco, xa á venda. Aquí un aperitivo: http://www.amesa.gal/presentacion-do-libro-cd-a-voz-do-vento/