Noticias

Polos camiños da tribo. Camiñada polas paisaxes nativas de Manuel María

vlcsnap-2020-08-09-20h49m49s410.png

23/09/2020

Un documento audiovisual de Jose Alberto Pudelko

"...Todo o que pasa por un camiño queda, para sempre, na memoria do propio camiño. De aí a necesidade que sentimos, na nosa maturidade, de voltar de novo a andar os camiños que percorremos na infancia, adolescencia e xuventude. No máis fondo de nós levamos, sen dúbida, o escuro desexo de recuperar -ou polo menos atopar de novo- aquel anaco de nós mesmos que lle deixamos ao camiño. Aínda que, ás veces, é o propio camiño o que percura as súas vivencias, lembranzas ou memorias. Pode atopalas ou non..." (30/06/1991)

Unha posíbel suxestión, por se se decidir visitar a Casa-Museo Manuel María, é coñecer eses espazos e camiños íntimos de Manuel María da man da súa obra "Ritual para unha tribo capital de concello". As imaxes do documentario que se pode ver aquí, elaborado por José Alberto Villamor Pudelko (2020), son algúns deses lugares do territorio nativo do poeta.

Galería de vídeos