Fundación Manuel María de Estudos Galegos
18/04/2017
A Casa-Museo Manuel María, a ANPA do CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei e a ANPA do CEIP Otero Pedrayo de Rábade programan para o sábado, 29 de abril, ás 18 horas no auditorio da Casa-Museo a presentación do grupo PIRILAMPO co seu traballo musical "Teatro de guiñol".
O espectáculo baseado en once poemas retranqueiros e festivos de Manuel María, tirados dos poemarios As rúas do vento ceibe, Os soños na gaiola eTerra Chá, serven de base para unhas cancións pensadas para os máis novos e as súas familias. A natureza, O vento, A fala, Anduriñas, Neve ou o propio Teatro de guiñol son algúns dos textos das melodías.