Noticias

Paco Nogueiras presenta "Brinca Vai!" este sábado, 28 de outubro, na Casa-Museo Manuel María

p5210190.jpg

07/10/2017

Con esta actividade dirixida para o público familiar comeza a actividade cultural que se desenvolverá no último trimestre do ano no auditorio da Casa-Museo 

Este sábado, 28 de outubro, Paco Nogueiras presenta o seu traballo musical "Brinca Vai!" na Casa-Museo Manuel María, para o que xa non quedan entradas.

Dirixido para o público infantil e as súas familias, Paco Nogueiras interpretará cancións para os diferentes momentos do ano a través de diferentes estilos musicais (techno, rock, folk, reggae...).