Fundación Manuel María de Estudos Galegos
07/10/2017
Con esta actividade dirixida para o público familiar comeza a actividade cultural que se desenvolverá no último trimestre do ano no auditorio da Casa-Museo
Este sábado, 28 de outubro, Paco Nogueiras presenta o seu traballo musical "Brinca Vai!" na Casa-Museo Manuel María, para o que xa non quedan entradas.
Dirixido para o público infantil e as súas familias, Paco Nogueiras interpretará cancións para os diferentes momentos do ano a través de diferentes estilos musicais (techno, rock, folk, reggae...).