Fundación Manuel María de Estudos Galegos
29/04/2019
Os videopoemas exhibiranse na Casa-Museo Manuel María o 11 de maio
O xurado do III Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, organizado pola Casa-Museo Manuel María, acordou declarar como finalistas os seguintes traballos:
-”Quíxente tanto, meniña...”, de Marta Costa Montes (IES Monelos da Coruña)
-”Mais o que ben quixo un día...” de Raquel Álvarez Prieto (IES Monelos da Coruña)
-”Tan soio” de Christian Fernández, Antía Vega e Leila Vegas (CPR Santiago Apóstol de Narón)
-”Un pesadelo ao que chamaban vida” de Álvaro Pan Lapido e Nehuen Márquez (IES Monelos da Coruña)
-”Tenrura” de Noelia Martínez, Paula Novo e Nayra Vázquez (CPR Santiago Apóstol de Narón)
-”É verdade que un pode...” alumnado de BAC (IES Poeta Díaz Castro)
-”Nasín cando as prantas nasen...” de Irene Gallego Noya (IES Monelos da Coruña)
-”Adiós ríos, adiós fontes” de Antía Brage e Lucía Rodríguez (CPI A Xunqueira de Fene)
-”Adiós ríos, adiós fontes” de Mara Pérez Martínez e Nahir Mourín (CPI A Xunqueira de Fene)
-”Xa nin rencor, nin desprezo” de Alba Rocha López e Micaela López Galeano (CPI A Xunqueira de Fene)
-”Galicia” de Adriana Caldas Lorenzo e Sara Ferrín Fontán (CPI Domingo Fontán de Portas)
Os videopoemas finalistas pasarán á seguinte fase do certame a celebrar o próximo día 11 de maio no auditorio da Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei).