Noticias

Selección de panxoliñas de Nadal escritas por Manuel María

578317_505364902855542_1232269075_n.jpg

- Galiza

Na Casa-Museo Manuel María estamos a traballar para ofrecer a todos os públicos -con especial atención ás comunidades escolares -toda unha serie de recursos que poidan facilitar o contacto coa obra de Manuel María e o traballo con ela na aula ou noutros ámbitos. 

Agora que se vai achegando o Nadal e moitos centros de ensino fan actividades relacionadas con esta festividade querémosvos brindar a posibilidade de que o poidades facer utilizando os mesmos versos que el escribía para parabenizar as festas ás súas amizades.

Na Casa-Museo Manuel María estamos a traballar para ofrecer a todos os públicos -con especial atención ás comunidades escolares -toda unha serie de recursos que poidan facilitar o contacto coa obra de Manuel María e o traballo con ela nas aulas ou noutros ámbitos. 

Sabendo da importancia que o Nadal ten na nosa sociedade e que é moi alto o número de actividades que arredor desta festividade organizan centros de ensino, concellos, asociacións de todo tipo, etc., poñemos ao voso dispor a través da nosa páxina unha selección de panxoliñas de Nadal escritas por Manuel María, recollidas no poemario específico que el publicou en 1992. 

Trátase de facer que poidades empregar libremente como recurso didáctico os mesmos textos poéticos que Manuel María escribiu e que empregaba para parabenizar o Nadal ás súas amizades. 

Podedes acceder a elas na sección de Recursos>Outros da nosa páxina web (columna da esquerda).