Fundación Manuel María de Estudos Galegos
O vídeo encádrase na campaña de plataforma Queremos Galego para o 17 de maio
Uxía estrea un vídeo co poema de Manuel María "A fala". Este clip encádrase na campaña da plataforma Queremos Galego para o 17 de maio, que chama a defender o galego para que non siga confinado e convida a cantar "A fala" desde as xanelas e varandas ás 13 hrs deste domingo.
A ligazón para poder ver o vídeo é a seguinte https://www.youtube.com/watch?v=_QA4hInVLaM
A música de "A fala" é de Sérgio Tannus e de Uxía e conta neste vídeo coa colaboración de Faia e Tanxugueiras e a participación de moita xente "linda".
Editado por Xaora Fotografía baixo o imaxinativo guión de Marina Carracedo.
Os músicos que gravaron o tema son: Sérgio Tannus, Santi Cribeiro, Paulo Silva, Bleuenn Le Friec e José Manuel Díaz.
Remestura de audio e masterización de Sérgio Tannus.