Fundación Manuel María de Estudos Galegos
01/05/2017
Será este sábado, día 6 de maio, ás 20 horas
O Grupo de Zanfonas da Tradescola realizará un concerto este sábado 6 de maio, ás 20 horas, no auditorio da Casa-Museo Manuel María.
A Tradescola é un centro de formación especializado, impulsado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, que conta cunha proposta educativa destinada a que o alumnado adquira unha formación integral na música e no baile tradicional. Alén das aulas impartidas no centro (zanfona, acordeón, baile tradicional, gaita, requinta, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión e linguaxe musical), desenvolve toda unha serie de actividades para acrecentar a presenza da música e do baile tradiciónal galego na sociedade. Entre estas, está o Grupo de Zanfonas.
O concerto é de balde. Pódese reservar entrada escribindo a contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao tel. 698177621