Noticias

O concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María vese obrigado a variar as datas

p1080793.jpg

19/03/2020

No momento que se retome a actividade escolar normal informarase dos novos prazos 

A Casa-Museo Manuel María informa que mantén a firme vontade de celebrar a IVª edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, mais as circunstancias actuais que estamos a vivir obrigan a mudar as datas.

Por tanto, quedan adiados estes prazos e que no momento en que se retome a actividade escolar normal informarase das novas datas.