Noticias

O 25 de xullo, Día da Patria Galega, a Casa-Museo Manuel María non abrirá as súas portas

dsc02738.jpg

21/07/2019

Estará presente nas actividades do Festigal entre outras presentando, na Galería das Letras,  "Manuel María. Obra teatral" 

O 25 de xullo, Día da Patria Galega, a Casa-Museo Manuel María non abrirá as súas portas. Mais estará presente no Festigal que se leva a cabo no Campus Sur de Santiago de Compostela, concretamente a través dun expositor (Galería das entidades e fundacións) con todas as publicacións editadas nestes últimos anos e coa presentación a cargo de Mª Pilar García Negro (responsábel da edición) e Alberte Ansede (secretario da Fundación), ás 17.30 na Galería das Letras, de toda a obra teatral de Manuel María.