Noticias

O 10 de novembro, presentación, na Coruña, do libro "A poesía de Manuel María", de Camilo Gómez Torres

presentacion-de-a-poesia-de-manuel-maria-na-libraria-trama-2.jpg

Será ás 20 horas, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

O xoves, 10 de novembro, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (rúa Olmos, 16) presentarase o libro de Camilo Gómez Torres "A poesía de Manuel María", editado pola Casa-Museo Manuel María. Na presentación intervirán:
-Alberte Ansede Estraviz, secretario da Fundación Manuel María
-Pilar García Negro, profesora titular da UdC
-Camilo Gómez Torres, estudioso da vida e obra de Manuel María e autor do libro

O libro é unha análise exhaustiva e sistemática do obra poética de Manuel María e é o resultado dunha vida enteira dedicada ao estudo da vida e da obra do escritor.