Noticias

Sae, coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras, unha nova edición de "Cancioneiriño de Valdeorras"

cancioneirino-de-valdeorras.jpg

19/05/2016

O pasado 17 de maio presentouse no Barco de Valdeorras a segunda edición de Cancioneiriño de Valdeorras. Edición que contou coa colaboración da Concellaría de Cultura e Educación do Concello do Barco de Valdeorras.

Este poemario está formado por catorce composicións sinxelas e apaixonadas, escritas ao xeito popular. Manuel María canta a través dos poemas a bisbarra de Valdeorras (o río Sil, os montes, as xentes, as romarías e as feiras, os viños, os persoeiros...), terra que o impresionou e coa que se identificou fondamente.

O libro, que conta cun limiar de Camilo Valdehorras, é unha nova edición do editado en 2003 pola Agrupación Cultural "Lumieira" de Carballo de Bergantiños.