Fundación Manuel María de Estudos Galegos
O documentario sobre Manuel María será exhibido o mércores 25 de xaneiro, ás 20.30 hrs, no Lar de Cultura do País
O II Ciclo Enxergando o País, que organiza durante o mes de xaneiro e febreiro a Asociación cultural lucense Cultura do País, proxectará dez documentarios sobre a realidade social galega.
As proxeccións serán exhibidas contra as 20.30 hrs no Lar de Cultura do País, na rúa Carril das hortas, 1, baixo, Lugo.
Tras a proxección de Manuel María: paixón de palabra e terra, haberá un coloquio co dinamizador da Casa-Museo Manuel María, Fran Rei.
O programa do ciclo é o seguinte:
-venres, 20 de xaneiro: A Fábrica sons do mercado
-mércores, 25 de xaneiro: Manuel María: paixón de palabra e terra
-venres, 27 de xaneiro: Asolagados
-mércores, 1 de febreiro: Camilo, o último guerrilleiro de Galicia
-venres, 3 de febreiro: Entrar aos Vilares
-mércores, 8 de febreiro: Patrimonio habitado de porta en porta
-venres, 10 de febreiro: As pedras de san Lourenzo
-mércores, 15 de febreiro: Lembranzas dunha escola unitaria. Cabreiros
-venres, 17 de febreiro: A chave para 6000 presos. A vida na Arousa antes e despois da ponte
-mércores, 21 de febreiro: Terra das marabillas