Noticias

Manuel María na túa voz, esteas onde esteas

img-20160416-wa0004.jpg

19/04/2016

A páxina web da Casa-Museo vén de habilitar un espazo para que non quede ninguén sen participar na homenaxe popular e literaria, Manuel María na túa voz, que a Fundación Manuel María está a promover por todo o país para este sábado, 23 de abril.

A Fundación anima a todas as persoas que queiran, nomeadamente aquelas galegas e galegos que moran fóra do país ou que non poden participar directamente na actividade, a que graven un video de non máis de minuto e quince segundos no que lean ou reciten un poema ou un pequeno fragmento dunha peza teatral, dun artigo xornalístico ou dunha obra narrativa escrita por Manuel María. Posteriormente teñen que subir o video en (http://www.casamuseomanuelmaria.gal/manuel-maria-na-tua-voz/subir-video.htm).